Inicio
Somos un centro dinámico pertencente á Universidade de Vigo situado no campus de Pontevedra.
A Escola de Enxeñería Forestal imparte unha docencia baseada en grupos prácticos, saídas ao campo e ensinanzas técnicas de calidade orientadas á empregabilidade.
Somos un referente tanto en investigación coma en transferencia no sector empresarial e á sociedade, coordinada coas entidades de investigación forestal de Pontevedra e o Campus CREA.
Avisos
Actualidade
O Grao en Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo recibiu a certificación EUR-ACE®, que recoñece a calidade desta titulación universitaria que se imparte na Escola de Enxeñaría Forestal.
Esta certificación, outorgada por ENAEE (European Network for the Accreditation of Engineering Education), é xestionada en España por ANECA (Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación) e o IIE (Instituto da Enxeñaría de España) a títulos de enxeñaría acreditados no marco do programa ACREDITA PLUS.