O programa de Desenvolvemento estratéxico do Centro estrutúrase, de xeito análogo ó Plan estratéxico da Universidade de Vigo (2021-2026), arredor de seis eixes estratéxicos de capital importancia nacidos do espírito de servizo e de mellora que debe caracterizar unha institución xeradora e transmisora de coñecemento que, en última instancia, está ao servizo da cidadanía. A formación impartida, a relación da universidade coa sociedade, a investigación e a transferencia, a organización dos recursos propios e as persoas que a compoñen son as seis canles polas que flúe a súa esencia vital e que representan o que lle pode ofertar á sociedade no seu conxunto.

PDE 2022-2026