A Universidade de Vigo ten como prioridade, en liña coa Axenda 2030, favorecer a cultura do respecto, da igualdade e da inclusión, garantindo que todas as persoas que conforman a nosa comunidade poidan desenvolver a súa actividade académica e laboral con dignidade e nun espazo libre de violencias de xénero e de máximo respecto dos dereitos humanos.

Recursos no portal da Universidade de Vigo

Igualdade na escola

Na Escola de Enxeñeria Forestal temos como obxectivo a alcanzar que a igualdade sexa unha realidade entre a comunidade do centro.
Para lograr este obxectivo promovemos a información e a participación activa nos programas da Unidade de Igualdade desta universidade, así mesmo facilitamos as canles de comunicación para detectar problemas neses ámbitos, por esa razón dentro do equipo de dirección esta nomeado un representante de Igualdade.

Representante de igualdade no centro

Mº Ángeles Cancela Carral
+34 986 801 939
chiqui@uvigo.es