Convocatoria para que o estudantado titulado en Enxeñaría Técnica Forestal ou titulacións afíns obteña as competencias propias que se lle atribuen ao Grao en Enxeñaría Forestal
O RD 822/2021 establece que para que as persoas con títulos universitarios oficiais correspondentes á anterior ordenación podan acceder aos ensinos de grao debe haber unha admisión previa da Universidade, e ésta debe facerse de acordo á normativa que a este respecto teña a propia universidade, que deberá recoñecer ao estudantado os créditos dos ensinos de grao do que proceda, segundo o currículo seguido polo estudantado, de acordo co que establece o artigo 10 do RD 822/2021, que regula o recoñecemento e transferencia de créditos.
- 30/05/2022 – Convocatoria de matrícula na Universidade de Vigo 2022/2023
- 08/07/2022 – Curso de adaptación ao Grao en Enxeñaría Forestal 2022/2023
Calendario de admisión 2022/2023
Proceso | Prazo |
---|---|
Prazo de presentación de solicitudes | do 1 xuño ao 15 de xullo |
Listaxe provisoria de persoas admitidas: Ver listaxe |
19 de xullo |
Reclamacións | do 20 ao 22 de xullo |
Listaxe definitiva de persoas admitidas: Ver listaxe |
27 de xullo |
Matrícula
Período ordinario de matrícula: do 26 de agosto ao 12 de setembro de 2022.