Inicio

Matrícula 2024/2025

 
 

 

Renovación da acreditación do Doutoramento CREA

O vindeiro 6 de outubro de 2023 recibiremos a visita da comisión avaliadora da ACSUG para a renovación da Renovación da acreditación da titulación oficial do Programa de doutoramento en Creatividade e Innovación Social e Sustentable.

 


 

Campus Remoto

Campus Remoto é o novo servizo que centraliza nun único punto as diversas ferramentas de teledocencia da Universidade de Vigo: FaiTIC, Aulas virtuais “en directo” e Foro do profesorado.
 

 

Somos un centro dinámico pertencente á Universidade de Vigo situado no campus de Pontevedra.

A Escola de Enxeñería Forestal imparte unha docencia baseada en grupos prácticos, saídas ao campo e ensinanzas técnicas de calidade orientadas á empregabilidade.

Somos un referente tanto en investigación coma en transferencia no sector empresarial e á sociedade, coordinada coas entidades de investigación forestal de Pontevedra e o Campus CREA.

EUR-ACE

O Grao en Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo recibiu a certificación EUR-ACE®, que recoñece a calidade desta titulación universitaria que se imparte na Escola de Enxeñaría Forestal.

Esta certificación, outorgada por ENAEE (European Network for the Accreditation of Engineering Education), é xestionada en España por ANECA (Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación) e o IIE (Instituto da Enxeñaría de España) a títulos de enxeñaría acreditados no marco do programa ACREDITA PLUS.