Escola de Enxeñaría Forestal

Grao en Enxeñaría Forestal

Alumnos Uvigo opinan do Grao: video 1 | video 2

Grao en Enxeñaría Forestal

O obxectivo deste grao é formar enxeñeiros/as forestais que respondan ás necesidades do sector forestal e da sociedade en xeral. Este titulado/a está capacitado para desenvolver tarefas relacionadas coa xestión, conservación e explotación dos espazos naturais e forestais; realizar obras de hidroloxía, reforestación e conservación de solos; xestión de caza e pesca.

Asemade o graduado é un profesional que posúe coñecementos sobre o tratamento e aproveitamento industrial da madeira e dos seus produtos, o desenvolvemento de proxectos de xeración de enerxía renovable a partir de biomasa forestal, o control da calidade de produtos forestais; o deseño e acabado do moble; o desenvolvemento de proxectos para a instalación de industrias forestais; a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico forestal etc.


Saídas profesionais


  • Sector privado: empresas de xestión dos recursos naturais, comunidades de montes veciñais en man común, empresas de repoboacións, aproveitamento forestal, xestión forestal, empresas auditoras e certificadoras, sector medioambiental, industrias forestais e da madeira, enerxías renovables (biomasa), dirección de obras de enxeñería.
  • Investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i): centros públicos/privados de I+D+i, centros de investigación en recursos forestais, departamentos de investigación das universidades.
  • Exercicio libre: proxectos e peritaxes, asesoría forestal, natural e medioambiental etc.
  • Docencia.
  • Administración pública local, provincial, autonómica (Dirección Xeral Montes, Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, Dirección Xeral Conservación da Natureza), estatal (Magrama) e europea.

Especialidades


  • Explotacións forestais.
  • Industrias forestais.