Profesor/a asociado/a
Área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente
Información de contacto
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Despacho M004
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 609
jlsomoza@uvigo.gal
Breve CV
Juan Luis Rodríguez Somoza, e Enxeñeiro Técnico Forestal pola Universidade de Vigo (Pontevedra, 2006), Triple Master en Prevención de Riscos Laborais, Xestión dos Sistemas de Calidade e Xestión dos Sistemas Medioambientais (Vigo, 2008), Grao en Enxeñaría Forestal pola Universidade de Vigo (Pontevedra, 2013), Master Universitario en Tecnoloxía Medioambiental pola Universidade de Vigo (Vigo, 2014) e Doutor pola Universidade de Vigo, Programa de Doutoramento en Xeotecnoloxías Aplicadas a Construcción, Enerxía e Industria (Vigo, 2017). Traballou desde o 2007 en empresas de construcción (control xeométrico de estruturas ferroviarias (AVE), movemento de terras) primeiramente como topógrafo e despois como responsable de produción, facendo traballos de xestión, control, certificacións e peches de obras. Desde o 2013 inicia os seus traballos de investigación no laboratorio de Xiloenerxética da E.E. Forestal (Pontevedra), estudando o control de calidade, o comportamento na combustión e o risco de formación de escorias en distintos produtos biomásicos, onde realiza o TFM e posteriormente a súa tese de doutoramento. Participa en máis de 20 proxectos de I+D, codirixiu 4 Traballos Fin de Grao e 1 Proxecto Fin de Carreira. Participou na publicación do capítulo dun libro e dun artigo científico. No 2016 foi profesor convidado (febreiro – xuño 2016) na E.E. Forestal impartindo materias en 3º de Grao en Enxeñaría Forestal (Xiloenerxética, Aproveitamentos Forestais e Xestión Ambiental), en maio de 2016 e 2017 imparte clases como conferenciante convidado no Master en Enerxía e Sostibilidade (E.E. Industrial, Vigo). Actualmente é profesor asociado na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (Vigo) e director dunha oficina técnica dedicada a realizar diversidade de traballos e proxectos de enxeñaría e prevención de riscos laborais.
Docencia
1º cuadrimestre
Grao en Enxeñaría Forestal
P03G370V01503 | Proxectos
P03G370V01704 | Silvopascicultura
2º cuadrimestre
Grao en Enxeñaría Forestal
P03G370V01401 | Selvicultura (coordinador/a)
P03G370V01602 | Dasometría
P03G370V01603 | Repoboacións