Interese académico, científico e profesional do título

A actual profesión de Enxeñeiro Técnico Forestal deriva da de Perito de Montes, que á súa vez procede de Axudantes de Montes os cales, durante un curto período de tempo chamáronse tamén Auxiliares Facultativos de Montes.

Ata mediados do século pasado non existía o Título de Enxeñeiro de Montes e por tanto tampouco existía o Título de Enxeñeiro Técnico Forestal, facendo as funcións de ambos unha organización de carácter político-administrativo, aos que se denominaban co nome de Comisarios e Delegados de Montes, respectivamente.

A carreira foi creada para servir as necesidades do Estado, do mesmo xeito que ocorreu nas demais escalas da Técnica dos diversos servizos do mesmo. As actividades noutras entidades públicas ou privadas e particulares realizábanse polos axudantes do Escalafón do Estado, que quedaban no mesmo, en situación de Supernumerario, Excedentes, etc.

Sobre a base do desenvolvemento histórico que tivo a titulación, así como coa experiencia galega na autoxestión do seu monte e as carencias de que padecía, comézase a impartir en 1992 en Pontevedra a titulación de Enxeñeiro Técnico Forestal con especialidade en Industrias Forestais dentro da Universidade de Vigo.

Por último, constar que a demanda e a admisión de alumnado no Centro coinciden xa que a oferta de prazas cóbrese na súa totalidade.

Nos últimos anos realizáronse diversas enquisas de amplo alcance sobre a satisfacción dos axentes implicados na Enxeñería Técnica Forestal respecto ao proceso formativo dos Enxeñeiros Técnicos Forestais titulados na Escola Universitaria de Enxeñería Forestal de Pontevedra, obténdose as seguinte porcentaxes: Estudantes 59%, Profesores 69%, PAS 63%, Titulados 56%, Empregadores 67%

O grao en Enxeñería Forestal habilitará para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Forestal, que actualmente se atopa regulada por:

  • Lei 12/1986 do 1 de abril (BOE nº 79 de 2/4/86, no que se regulan as atribucións profesionais dos Arquitectos e Enxeñeiros Técnicos
  • Lei 33/1992 que modifica a Lei 12/1986, establecendo plenas atribucións dos Enxeñeiros Técnicos Forestais (entre outros) no ámbito das súas respectivas especialidades para a Redacción de Proxectos, Estudos, Informes e outros traballos análogos, así como a Dirección de Obras e toda clase de Industrias, Explotacións e Actividades propias da súa especialidade
  • Real Decreto 2220/1992 do 9 de xullo polo que se modifica o Decreto 2095/1971 polo que se regulan as facultades e competencias profesionais dos Enxeñeiros Técnicos de Especialidades Forestais
  • Lei de Montes 43/2003, do 21 de novembro
  • Regulamento de Montes (Decreto 485/1962 do 22 de febreiro)
  • Real Decreto 2329/1979, do 14 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para aplicación da Lei 87/1978, do 28 de decembro
  • Lei de Ordenación da Edificación (Lei 38/1999, do 5 de novembro)
  • Real Decreto 1609/1978, do 12 de maio que determina que o Enxeñeiro Técnico Forestal no ámbito da Facenda Publica está capacitado para a Inspección, Comprobación, Investigación, Valoración, Taxación Pericial, Peritación, Asesorar, Xestionar, Avaliar e Informar sobre os Impostos e bens de natureza inmoble
  • Orde CIN/324/2009, do 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Forestal.

Un dos principais referentes externo foi o Libro Branco para os títulos de Grao en Enxeñerías Agrarias e Enxeñerías Técnicas Forestais, elaborado pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación.

En relación con este Libro Blanco publícanse o día 6 de marzo de 2009 os acordos de Madrid da Conferencia de Directores de Titulacións pertencentes á rama Agroforestal. En base a este documento e á orde ministerial do Ministerio de Ciencia e Innovación vinculada ao Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro 2007 polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais comeza o traballo sobre a elaboración do novo plan de estudo. O froito deste traballo adaptarase posteriormente aos contidos, xa máis depurados, do BOE do 19 de febreiro de 2009 que establece requisitos respecto a determinados apartados do Anexo I do Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro relativo á redacción da presente memoria para a solicitude de verificación do título oficial. Os acordos das conferencias de Directores proporcionan xa un esquema claro para a clasificación por módulos, a distribución de competencias, a creación de novas materias e a adaptación de materias xa existentes aos novos métodos docentes.

Tivéronse en consideración a documentación facilitada polo Proxecto Tuning Educational Structures in Europe e as súas recomendacións para as formulacións pedagóxicas do ensino, a súa distribución de créditos e a adaptación da metodoloxía coa que volver deseñar, desenvolver, aplicar e avaliar os programas de estudo de cada un dos ciclos do proceso de adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior e o Tratado de Bolonia tamén se consultaron igualmente as memorias xa aprobadas doutras titulacións relacionadas coa enxeñería, coa finalidade de unificar formatos e aclarar conceptos de forma. Entre elas, a Memoria para a Verificación do Grao en Bioloxía, a Memoria para a Verificación do Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e a Memoria para a Verificación do Título de Grao en Enxeñería Informática.

Para a redacción en si da presente memoria consultouse a memoria da única titulación da rama de Enxeñería e Arquitectura xa implantada na universidade de Vigo.

A Escola Universitaria de Enxeñería Forestal de Pontevedra conta con convenios bilaterais dentro do marco do programa Erasmus, con diversas universidades europeas. Estas universidades foron seleccionadas polos seus elaborados plans de estudo e polo enriquecemento que a participación nos mesmos dos estudantes enviados podería supoñer na súa formación. Por iso, tamén foron unha peza crave no proceso de adaptación ao EEES as referencias que estas universidades significaron:

  • Universidade de Joensuu (Finlandia)
  • Universidade Mendel de Brno (República Checa)
  • Instituto Superior Politécnico de Viseu (Portugal)
  • Fachhochschule Eberswalde (Alemaña)
  • Fachhochschule Rosenheim (Alemaña)
  • Fachhochschule Salzburg (Austria)

 

Procedementos de consulta empregados

En cumprimento da normativa actual para a acreditación de calquera título universitario (RD 1393/2007, do 29 de outubro 2007), a Escola Universitaria de Enxeñería Forestal participou na convocatoria da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) para deseñar e redactar un Sistema de Garantía de Calidade (SGC) dentro do Programa FIDES AUDIT.

En colaboración coa área de Calidade da Universidade de Vigo, a Comisión de Garantía de Calidade da Escola elaborou unha proposta documental do SGC. Para o deseño desta oferta formativa seguiuse o procedemento PE03 do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola.

O equipo directivo do centro decidiu elaborar, un primeiro borrador para o plan de estudos adaptado ao Espazo Europeo de Educación Superior encomendando este labor á Comisión de Garantía de Calidade da Escola e en colaboración coa área de Calidade Docente da universidade, co fin de establecer un punto de partida sobre o que traballar con todo o equipo docente da Escola.

As propostas recibidas foron avaliadas a fin de cotexar a súa adaptación tanto ás consideracións derivadas do Libro Branco para o Título de Grao en Enxeñerías Agrarias e Enxeñerías Forestais, como ao Anexo I do real decreto 1393/2007, do 29 de Outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais en primeiro lugar e ao BOE do 19 de Febreiro de 2009 en última instancia, xa que é nesta edición do BOE na que se publica definitivamente o establecemento de requisitos respecto a determinados apartados do Anexo I do Real Decreto 1393/2007 do 29 de outubro.

Dentro do Manual do Sistema de Garantía Interna de Calidade do centro establécense metodoloxías para a garantía da calidade no deseño dos plans de estudo, indicando como o Centro debe, definir, revisar e manter permanentemente actualizados os Obxectivos establecidos no Plan de Estudos.

A Comisión responsable do deseño do Título, co fin de asegurar unha formulación correcta dos obxectivos comprobou que estes:

  • Responden as necesidades dos grupos de interese (estudantes e empregadores fundamentalmente)
  • Están formulados de forma correcta
  • Son realistas, medibles e coherentes coa programación, planificación e desenvolvemento posterior do ensino tendo en conta os recursos materiais e humanos cos que se conta
  • Son comunicados para o seu total coñecemento polos grupos de interese
  • Son analizados e revisados para a súa continua adecuación

Para todo este proceso tivéronse en conta os propios estatutos da Universidade de Vigo e a Normativa da Universidade de Vigo para a implantación dos títulos de grao e posgrao.

A elaboración inicial do plan de estudos e a presente memoria foi realizada polo propio o Comité Interno de Garantía de Calidade do centro, quen se encargou dos traballos e xestións iniciais: consultar cos profesores, as áreas, os departamentos e outros centros para a elaboración dos primeiros documentos de discusión.

A Memoria para a Verificación do Título de Grao e o plan de estudos foron aprobados en Xunta de Titulación de data 30 de xullo de 2009, por unanimidade; na Comisión de Organización académica e Profesorado de 21/10/2009; no Consello Social de data 28/10/2009, e no Consello de Goberno de data 29/10/2009.

Unha vez realizadas por parte da ANECA as consideracións e recomendacións oportunas, a Xunta de Titulación asumiu estas en a súa totalidade e as modificacións e adaptacións levadas a cabo foron aprobadas por esta en reunión de data 21 de maio de 2010.

Durante a elaboración da memoria do Plan de Estudos, consultáronse os documentos elaborados pola Axencia de Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) como consecuencia dos estudos realizados sobre inserción laboral dos titulados universitarios no mercado de traballo existente en Galicia. Tamén se consultaron os documentos publicados por diversos organismos e institucións sobre a situación da industria forestal, madeireira e de pasta de papel en Galicia. Base importante e ineludible para o deseño do título é a constituída polo Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais e a LOMLOU (Lei Orgánica de Modificación da Lei Orgánica de Universidades).

Ademais, a comisión elaborou unha enquisa que se enviou a diferentes empresas e organismos coa intención de coñecer os seus puntos de vista sobre as competencias que debería desenvolver un alumno do grao en Enxeñería Forestal para un futuro profesional exitoso. Os resultados obtidos das devanditas enquisas non difiren substancialmente dos obtidos en estudos máis amplos publicados.

Tamén se realizaron enquisas entre os propios titulados a fin de coñecer o seu estado laboral e o grao de adaptación ao mercado profesional. Deste xeito puidemos establecer que parámetros do actual plan de estudos poderíanse considerar para a súa conservación e cales tiñan unha achega menor e poderían ser mellorados.

En canto aos procedementos de consulta externos a desenvolver no futuro, exponse as seguintes actuacións:

  1. Realización de enquisas a empregadores do sector forestal, incluíndo tanto grandes empresas como NORFOR-ENCE como administración pública, centros de investigación como LOURIZÁN, CIS MADEIRA e pemes. Fundamentalmente, as xa incluídas na aplicación informática de empregadores que xa funciona desde hai 7 anos e que permite o contacto directo entre empresas do sector e egresados.
  2. Estas enquisas realizaranse cada dous anos, para poder dispoñer de datos actualizados e poder corrixir as disfuncións detectadas.
  3. Por outra banda, as consultas aos Colexios Profesionais realizarase de forma periódica, para coñecer as opinións do colectivo profesional.