O Plan de acción titorial (PAT) da Escola de Enxeñaría Forestal recolle un conxunto de actuacións destinadas a favorecer a integración do estudantado na vida universitaria e atender as súas necesidades formativas e informativas.

Supón superar o modelo especificamente académico, só preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo educativo en que conflúen ademais funcións socio educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor/a-alumno/a, alumno/a-alumno/a etc.; apóstase, en definitiva, polo desenvolvemento persoal, ademais do académico.

Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades do estudantado, que normalice as distintas accións e acade un axeitado equilibrio entre as expectativas do estudantado e os obxectivos que se expoñen no marco do Espazo Europeo de Educación superior.

O Plan de acción titorial apunta directamente cara á garantía e á adecuación dos métodos de ensino, aprendizaxe e avaliación, á adquisición de competencias do estudantado, á atención á diversidade, á orientación á aprendizaxe, á procura dunha igualdade de xénero.. etc., recollidos dunha forma ampla tanto nas memorias dos títulos como no sistema de garantía de calidade do centro.

 

Plan de Acción Titorial 2023/2024

Asignación de persoal titor (ao comezo do curso académico)

 

Coordinación do PAT

Ángeles Cancela Carral

+34 986 801 939
chiqui@uvigo.es

Cursos anteriores

Asignación de persoal titor
2022/2023 | 2021/2022 | 2020/2021 | 2019/2020 | 2018/2019 | 2017/2018 | 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015