A Escola de Enxeñaría Forestal acolle unha xornada impulsada polo programa Green Campus, que se abrirá ás 10.30 horas, no salón de actos, cunha conferencia, aberta ao público, do naturalista Joaquín Araújo, titulada Ser bosque ou ser cinza. Director e realizador de documentais e autor de numerosos libros, Araújo é presidente do Proyecto Gran Simio en España 3, foi responsable, xunto con Félix Rodríguez de la Fuente, da Enciclopedia Salvat de la fauna ibérica y europea e foi recoñecido co Premio Global 500 da ONU en 1994.
Trala conferencia, a xornada continuará as 11.30 horas cunha entrega de bidóns á comunidade universitaria e coa celebración, a partires das 12.00 horas, dun mercado de comercio local e consumo responsable na planta baixa da EE Forestal.