Escola de Enxeñaría Forestal

Suplemento Europeo ao Título

O Suplemento Europeo ao Título (SET) é o documento que outorga validez comunitaria ao currículo académico. Consiste nun anexo á titulación universitaria no que se pormenorizan as materias cursadas, idiomas impartidos, créditos realizados, competencias adquiridas, resultados académicos e cualificación profesional do graduado, mestrado ou doutoramento, cos seus nomes e apelidos, entre outras acreditacións fidedignas en toda Europa.

En concreto, segundo o modelo elaborado pola Comisión Europea, o Consello de Europa e UNESCO/CEPES (Centro Europeo para o Ensino Superior) debe conter a seguinte información:

  • Datos do estudante.
  • Información da titulación.
  • Información sobre o nivel da titulación.
  • Información sobre o contido e resultados obtidos.
  • Información sobre a función da titulación.
  • Información adicional.
  • Certificación do suplemento.
  • Información sobre o sistema nacional de educación superior.

O SET facilita o recoñecemento de créditos nas diferentes universidades europeas e, ao mesmo tempo, acreditan as capacidades adquiridas polo estudante ante posibles empleadores de calquera organización en Europa.

O título expídese en castelán e noutra lingua oficial da Unión Europea que a Universidade determine. As Universidades radicadas en comunidades autónomas con lingua cooficial propia poderano expedir tamén na súa propia lingua.


Normativa


RD 22/2015, de 23 de xaneiro, polo que se establecen os requisitos de expedición do Suplemento Europeo ao Título