Convocatoria para que o estudantado titulado en Enxeñaría Técnica Forestal ou titulacións afíns obteña as competencias propias que se lle atribuen ao Grao en Enxeñaría Forestal

O RD 1393/2007 establece que para que as persoas con títulos universitarios oficiais correspondentes á anterior ordenación podan acceder aos ensinos de grao debe haber unha admisión previa da Universidade, e ésta debe facerse de acordo á normativa que a este respecto teña a propia universidade, que deberá recoñecer ao estudantado os créditos dos ensinos de grao do que proceda, segundo o currículo seguido polo estudantado, de acordo co que establece o artigo 13 do RD 1393/2007 (modificado polo R.D. 861/2010 de 2 de xullo), que regula o recoñecemento e transferencia de créditos.

 

Calendario de admisión 2019/2020

Proceso Prazo
Presentación de solicitudes: do 10 ao 21 de xuño
Listaxe provisoria de solicitudes admitidas: 26 de xuño: VER LISTAXE
Reclamacións: do 27 ao 28 de xuño
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas: 4 de xullo: VER LISTAXE
Listaxe provisoria de persoas admitidas: 5 de xullo: VER LISTAXE
Reclamacións: do 8 ao 9 de xullo
Listaxe definitiva de persoas admitidas: 12 de xullo: VER LISTAXE

 

Matrícula

Período ordinario de matrícula: do 20 ao 30 de agosto