Convocatoria para que o estudantado titulado en Enxeñaría Técnica Forestal ou titulacións afíns obteña as competencias propias que se lle atribuen ao Grao en Enxeñaría Forestal
O RD 1393/2007 establece que para que as persoas con títulos universitarios oficiais correspondentes á anterior ordenación podan acceder aos ensinos de grao debe haber unha admisión previa da Universidade, e ésta debe facerse de acordo á normativa que a este respecto teña a propia universidade, que deberá recoñecer ao estudantado os créditos dos ensinos de Grao do que proceda, segundo o currículo seguido polo estudantado, de acordo co que establece o artigo 13 do RD 1393/2007 (modificado polo R.D. 861/2010 de 2 de xullo), que regula o recoñecemento e transferencia de créditos.
Curso de adaptación ao Grao en Enxeñaría Forestal
Convocatoria de matrícula na Universidade de Vigo 2018/2019
Formulario de solicitude