Programa SICUE

O programa SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois) permite realizar un periodo de estudos (un semestre ou curso completo) nunha universidade española diferente á de orixe do estudante, sen que este perda a súa condición de estudante da propia universidade, é dicir, sen traslado de expediente.

A Coordinadora de Relacións Internacionais é a persoa encargada, con apoio do equipo administrativo do centro e da Universidade, de xestionar todo o proceso administrativo, do asesoramento do estudantado, tanto propio como de acollida, e de organizar a difusión da información. A información sobre o programa difundese na páxina web da facultade e organizanse anualmente reunións informativas e de asesoramento.

O estudantado ten á súa disposición información sobre os plans de estudos dos centros de destino.

 

Convocatoria SICUE 2019/2020

Prazo de presentación de solicitudes: do 13/02/2019 ao 13/03/2019

A nosa facultade ten convenios para este programa con varias universidades nacionais que imparten o Grao en Dereito:

TITULACIÓN: GRAO EN DEREITO | TITULACIÓN DESTINO: GRAO EN DEREITO

Universidade Cidade Prazas Meses
Universitat Jaume I Castelló de la Plana 2 9
Universitat de Lleida Lleida 2 9
Universidad de Oviedo Oviedo 2 9
Universidad Rey Juan Carlos Madrid 2 9

 

TITULACIÓN: PCEO ADE-DEREITO | TITULACIÓN DESTINO: GRAO EN ADE

Universidade Cidade Prazas Meses
Universidad de Granada Granada 2 9
Universidad de León León 2 9
Universitat de Lleida Lleida 2 9
Universidad de Oviedo Oviedo 2 9
Universidad Pablo de Olavide Sevilla 2 9
Universidad de Salamanca Salamanca 2 9
Universidad de Valladolid Segovia 2 9

 

TITULACIÓN: PCEO ADE-DEREITO | TITULACIÓN DESTINO: GRAO EN DEREITO

Universidade Cidade Prazas Meses
Universitat Jaume I Castelló de la Plana 2 9
Universitat de Lleida Lleida 2 9
Universidad de Oviedo Oviedo 2 9
Universidad Rey Juan Carlos Madrid 2 9

 

TITULACIÓN: PCEO ADE-DEREITO | TITULACIÓN DESTINO: PCEO ADE-DEREITO

Universidade Cidade Prazas Meses
Universidad de Almería Almería 2 9

 

 

Consulta a convocatoria

 

Coordinación da mobilidade

Belén Sánchez Ramos
+34 988 368 839
bsanchez@uvigo.es