Sobre a Escola

A Titulación de Enxeñeiro/a Técnico/a Forestal implantouse na Universidade de Vigo no curso 1990/91, estando situada nun edificio común que posteriormente se convertería na Facultade de Ciencias da Educación na cidade de Pontevedra. No curso seguinte a Titulación trasládase ao recentemente creado Campus da Xunqueira, onde se acaba de crear a Escola de Enxeñaría Técnica Forestal, que durante uns anos comparte o seu edificio con outras titulacións como a de Diplomatura en Fisioterapia.
No curso 2000/01 conclúense as obras que definen a actual configuración do Campus da Xunqueira, polo que o Centro queda para uso exclusivo da súa titulación. Na Escola hai un único Departamento que ten sede nela, e é precisamente o de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente.