SGIC

SGIC
 
O Sistema de Garantía Interno de Calidade pode definirse como unha ferramenta estratéxica básica que ten como obxectivo lograr unha mellora continua tanto da Escola coma da súa titulación oficial. Tanto o R.D. 1393/2007 do 29 de outubro de 2007, como o R.D. 861/2010 do 2 de xullo de 2010, referidos á ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, establecen a obriga de incorporar un sistema de garantía interno para a verificación e acreditación dun título.
 
Certificación do deseño
 
O Programa FIDES-AUDIT, formado polo  Programa FIDES. Establecemento do Sistema de Garantía de Calidade de Títulos Universitarios e polo Programa AUDIT. Guía para o deseño de Sistemas de Garantía Interna de Calidade da formación universitaria, está promovido por ANECA, AQU-Catalunya e ACSUG, e encárgase, dende o ano 2007, de guiar aos centros en tódalas tarefas e actividades conducentes a garantir a calidade en tódalas ensinanzas. 
 
A Escola de Enxeñería Forestal participou na primeira convocatoria do Programa FIDES-AUDIT e obtivo, tras un informe favorable, o Certificado FIDES-AUDIT por parte da comisión avaliadora da ACSUG o 27 de xullo do 2009.

 
Obxectivos
 
Os obxectivos que se pretenden acadar a través do SGIC son os seguintes:

  • Satifacer as necesidades e expectativas que os cidadáns teñen tanto da Escola coma de tódalas actividades formativas que ésta leva a cabo. 
  • Cumprir co obxectivo de transparencia esixido no marco do EEES.
  • Incorporar estratexias de mellora continua. 
  • Ordenar de forma sistemática as iniciativas docentes, de modo que contribúan a que se garinta a calidade.
  • Facilitar o proceso de acreditación da titulación da Escola. 

Funcionamento

  1. Deseño, aprobación e implantación de procedementos ordenadores das actividades levadas a cabo no centro.
  2. Rexistros de evidencias, que sirvan como probas do funcionamento e da eficacia do sistema.
  3. Análise sistemático dos resultados.
  4. Toma de decisións precisas para a súa mellora e para satisfacer as necesidades e expectativas dos grupos de interese.