Semana Forestal Europea 2017

Baixo o lema : BOSQUES, O NOSO BEN COMÚN, A Semana Forestal Europea de 2017 subliñará a contribución que montes e masas forestais europeas fan na vida das persoas. Estas inclúen proporcionar madeira, enerxía renovable, manter o subministro de auga doce e protexer o ambiente.
 
Celebrada por primeira vez en 2008 a Semana Forestal Europea proporciona unha oportunidade única para incrementar a visibilidade do sector forestal e influenciar o debate no eido pan-Europeo e Global sobre os bosques, montes e outras areas forestais.
 
A ESCOLA DE ENXEÑARÍA FORESTAL DE PONTEVEDRA, desenvolveu un proceso de análise estratéxico, que entre outras cousas permitiu renovar a acreditación do título pola ACSUG ata 2022 e obter o certificado para o seu Sistema de Garantía de Calidade, o que lle fixo merecedora da Q que Calidade por parte da Universidade de Vigo. Un dos referentes externos empregados para ese análise estratéxico foi o Plan de Acción de Rovaniemi como documento sectorial do máis alto nivel.
 
A EE Forestal pon en valor a súa implicación co plan da ONU para unha economía verde
Publicación na páxina web da FAO da información sobre as actividades da Escola de Enxeñaria Forestal de Pontevedra
Presentación da Escola
Informe sobre as actividades da Escola en relación co Plan de Acción das Nacións Unidas