Prácticas e emprego

 
Prácticas e Emprego:
 
A Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra comprometida co futuro profesional dos seus alumnos, conta con Grupos de Investigación e departamentos que xestionan e optimizan o potencial dos seus estudantes e titulados, mantendo líneas de colaboración moi consolidadas con diversas empresas e institucións. Con fin de facilitar ós recen titulados a súa incorporación ó mercado laboral, a Escola xestiona convenios de cooperación con empresas, industrias, centros de I+D+I e outras entidades públicas e privadas, nacionais e internacionais, que tradicionalmente acolleron a moitos dos nosos post-graduados.
 
·       Prácticas académicas externas (curriculares e extracurriculares).
 
·       Programa Erasmus de Prácticas nas empresas.
 
·       Programa de Bolsas Prácticas PYMES do Banco Santander.
 
·       Orientación ó emprego.
 
·       Cátedra Ence.