Prácticas curriculares

O obxetivo das prácticas curriculares externas é que os alumnos e diplomados podan obter unha experiencia de traballo de natureza formativa para desarrollar os seus conecementos teóricos e prácticos adquiridos na Universidade e mellorar as súas perspectivas no ámbito profesional de maneira integrada noplan de estudos. Son prácticas que permiten adquirir ata un máximo de 6 ECTS.
Cabe destacar que as prácticas externas pódense realizar en entidades colaboradoras (empresas, institucións, entidades de carácter público ou privado) tanto noámbito nacional como nointernacional.
Normativa
Xeral:

Da Universidade de Vigo:

Modelos e documentos para a formalización de convenios e acordos internos:
A Universidade de Vigo utilizará o seu propio modelo de convenio de cooperación educativa aprobado en Consello de Goberno. Só se asinará un convenio por empresa que cubrirá as prácticas, curriculares e extracurriculares, ofertadas en calquera dos centros da Universidade de Vigo tanto para ensinos de grao como de máster ou para ambos, así como para plans anteriores a Bolonia.
Para a formalización do convenio deben achegarse á vicerreitoría correspondente os documentos que se relacionan:

Para a realización de prácticas en servizos e dependencias da propia Universidade de Vigo, o convenio substituirase por un acordo escrito interno, asinado pola persoa responsable do servizo ou dependencia en que se realizan as prácticas e a persoa responsable académica do centro de que depende a titulación. O citado acordo deberá ter o visto e prace da Xerencia ou da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

 
Documentación para a formalización, seguimento e acreditación das prácticas académicas externas:

  • D2 - Convocatoria de bolsas de prácticas. - Este documento utilízase con carácter xeral para a convocatoria das bolsas de prácticas extracurriculares. Pode ser utilizado polos centros da Universidade de Vigo para a oferta das súas prácticas curriculares en caso de adaptarse ao seu procedemento de adxudicación das mesmas.

Formalización

Seguimento

Acreditación