Política e Obxetivos de Calidade

Novedades Comisión Garantia de Calidade 19/4/16 (pendente aprobación Xunta de Centro)
Vense de aprobar unha modificación da Política Específica do Centro e as novas metas para os obxectivos de calidade para o curso 2015/16. Estes documentos atópanse pendentes de aprobación pola Xunta de Centro e calquera membro dos grupos de interese pode realizar comentarios mediante o correo electrónico ou a caixa de QSP
 

Política de Calidade do Centro
 
A política de calidade do centro deriva da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no ámbito universitario, da súa consideración como un factor determinante para conseguir a satisfacción das expectativas formativas das súas egresadas e egresados e o seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais en que se integran. Para iso existe o compromiso de empregar todos os recursos humanos e materiais dispoñibles dentro do cumprimento da normativa vixente e en coherencia cos criterios e coas directrices establecidos. 
Así, establécense no ano 2015 as seguintes liñas xerais da política de calidade do centro:

  • Manter unha oferta formativa ligada ás necesidades e expectativas da sociedade.
  • Alcanzar o recoñecemento tanto a nivel nacional coma internacional da calidade docente.
  • Facilitar a extensión da cultura da calidade e a formación continua en materia de calidade, fomentando a eficacia e a continuidade dos sistemas e procesos vinculados.
  • Asegurar a implantación, desenvolvemento e seguimento tanto do SGIC como do resto de procesos vinculados coa calidade.
  • Asegurar unha docencia, investigación, xestión e transferencia de coñecemento con perspectiva de xénero.
  • Acadar un compromiso permanente de mellora continua.

 

Obxectivos de Calidade do Centro
 
En liñas xerais os obxectivos son:Adaptar a oferta formativa á demanda sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade.

  • Adaptar a oferta formativa á demanda sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade.
  • Adaptar o perfil de ingreso do alumnado ao perfil requirido.
  • Captar un volume de estudantado axustado á oferta de prazas.
  • Difundir a oferta formativa.
  • Mellorar a planificación e desenvolvemento da titulación
  • Mellorar os resultados académicos das titulacións
  • Mellorar a cantidade de saídas de campo
  • Dispoñer de oferta de prácticas curriculares para todo o estudantado que poda optar a elas
  • Xestionar de forma efectiva os programas formativos
  • Mellorar a cualificación do PDI  e do PAS
  • Mellorar a satisfacción dos grupos de interese
  • Mellorar a participación nas enquisas dos diferentes grupos de interese
  • Certificación da implantación do sistema de calidade do centro
  • Participación en actividades de investigación, xestión e docencia con perspectiva de xénero por parte dos membros da escola (PAS; PDI; alumnado)