Plan de Estudios de Grado en Ingeniería Forestal

Plan de 2010 (Vixente★, En Implantación)
A primeiros de 2009, o equipo directivo do centro decidiu elaborar, un primeiro borrador para o plan de estudos adaptado ao Espazo Europeo de Educación Superior encomendando esta labor á Comisión de Garantía de Calidade da Escola e na colaboración co Área de Calidade Docente da Universidade de Vigo.
Os primeiros traballos sobre o novo plan de estudios foron presentados por primeira vez á Xunta de Escola o día 17 de marzo de 2009. Despois dos periodos de información e
participación pública, a consideración de alegacións e propuestas, a Memoria para a Verificación do Título de Grado e o plan de estudos foi aprobada na Xunta de Escola, por unanimidade; Posteriormente, a Memoria foi obxeto de revisión por parte da ANECA que con fecha 30 abril de 2010 emitiu un informe vinculante facendo algunhas consideracións e
recomendacións que, unha vez asumidas e incorporadas á Memoria, eleváronse a Xunta de Titulación e foron aprobadas en fecha 13 Maio de 2010.
A Ensinanza distribúese en oito semestres nos que existe unha transición dende contenidos de formación básica nos dous primeiros ata contidos de tecnoloxía específica nos últimos, comezando a introducir estes últimos xa no terceiro semestre (segundo curso).
A organización temporal da docencia garante unha carga de 60 ECTS por curso e 30 ECTS por semestre.
Os módulos establécense segundo o especificado no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro 2007 e posteriormente no Boletín Oficial do Estado do 19 de febreiro de 2009 que establece requisitos respeto a determinados apartados do Anexo I do Real Decreto.
Módulos:
- De Formación Básica
- Común á Rama Forestal
- De Tecnoloxía Específica, Explotacións Forestais
- De Tecnoloxía Específica, Industrias Forestais
- Proxecto de Fin de Grado (será considerado coma un módulo)
Resumen do Plan de Estudos de Grao en Enxeñería Forestal
Memoria Oficial da Titulación Grao en Enxeñería Forestal
Información Plan de Estudos Grao en Enxeñería Forestal na Universidade de Vigo