Normativa e Impresos

A EEF e a impartición do título de Graduado/a en Enxeñaría Forestal pola Universidade de Vigo, está subordinada á normativa da Universidade de Vigo  que pode ser consultada en:
http://secxeral.uvigo.es/secxeral_gl/informacion/normativa/

 

TRABALLO DE FIN DE GRAO
O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, dispón no capitulo III artigo 12.3, que os ensinos de grao concluirán «coa elaboración e defensa dun Traballo de Fin de Grao» (TFG en adelante).
A Memoria do Título de Grao en Enxeñería Forestal avaliada positivamente pola ANECA, inclúe a elaboración e exposición do referido TFG por parte dos alumnos do derradeiro curso do plano de estudios. A Universidade de Vigo aprobou no Consello de Goberno do 14/11/11 o “Regulamento para a realización do Traballo Fin de Grao (ver Arquivo adxunto)” como marco xeral para o desenvolvemento dos TFG  na mesma. No devandito Regulamento, en atención ás peculiaridades das titulacións de grao que teña adscritas, establece que cada centro establecerá dentro do marco Xeral, a súa propia regulación interna para o desenvolvemento do TFG , con observancia da debida publicidade da norma.
No enlace correspondente ao TFG desta Web podes consultar máis información relativa ao mesmo.
No seguintes enlaces podes consultar a normativa específica sobre o TFG e os impresos  que é necesario presentar para a súa proposta e defensa.