Listado solicitudes preinscripcion curso-ponte admitidas a tramite

Vista a Resolución Reitoral do 31 de maio de 2012, pola que se publica a convocatoria de matrícula da Universidade de Vigo para o curso académico 2012/2013 e onde se convocan prazas específicas para Enxeñeiro Técnico en Industrias Forestais para a obtención do Grao en Enxeñería Forestal no curso académico 2012/2013.
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, e de acordo coa Resolución anterior, esta Direccion,
RESOLVE:
1. Facer público o listado provisional de admitidos ao Trámite do proceso de preinscrición.
(ANEXO I)
Os interesados poderán interpor reclamación ante esta Dirección no prazo dende o día seguinte á publicación destes listados no taboleiro de anuncios da Escola de Enxeñería Forestal (do 7 de xullo ao 10 de xullo), así como emendar os erros ou motivos de exclusión.
Pontevedra, 5 de xullo de 2012

Tags: