Cátedra Ence

O 27 de novembro de 2000, os representantes da Universidade de Vigo e o Grupo empresarial ENCE, S.A. aprobaron un Acordo Marco de Colaboración co nome de CÁTEDRA ENCE. Esta tiña como obxecto, a promoción das accións de investigación, formación e docencia, para a súa posterior posta en práctica en distintas actividades do sector forestal. Deste modo, eran de diversa índole as que resultaban interesantes para ser consideradas para tal efecto, tales como:
 
  Desenvolvemento de Proxectos de Investigación.
  Realización de cursos, seminarios, xornadas técnicas, conferencias ou simposios.
  Bolsas de Investigación e desenvolvemento.
  Publicacións científicas e/ou de divulgación.
  Proxectos de difusión ou divulgación forestal de interese común para ambas as dúas entidades.
 
A Cátedra ENCE deu os seus primeiros pasos no ano 2001, e dende aquel exercicio leváronse a cabo numerosos proxectos, prácticas profesionais en empresas, bolsas de formación, así como outras actividades: promoción e difusión, as cales se foron afianzando e consolidando co tempo.