1.Descripción do título

 
1.1. Denominación: Grao en Enxeñaría Forestal

1.2. Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitetura

1.3. UNIVERSIDADE solicitante: Universidade de Vigo

1.4. Centro responsable das ensinanzas conducentes ao título: Escola de Enxeñaría  Forestal

1.5. Centro/s onde se imparte o título: Escola de Enxeñaría Forestal

1.6. Tipo de ensinanza: Presencial

1.7. Réxime de estudo: A ensinanza é presencial e está distribuida en oito cuatrimestres con materias de 6 créditos ECTS cada unha menos en 6 casos no que ten 9 créditos ECTS. Elaborou un plan de estudos no que existe unha transición dende contidos de formación básica nos primeiros dous cuatrimestres ata contidos de tecnoloxía específica nos últimos, comezando a introducir éstos xa no terceiro cuatrimestre (segundo curso). Os módulos que integran os estudios son:
 

  • De Formación Básica.
  • Común á Rama Forestal.
  • De Tecnoloxía Específica, Explotacións Forestais.
  • De Tecnoloxía Específica, Industrias Forestais.
  • Traballo Fin de Grado.

Os módulos de tipo básico e común son cursados por todos os alumnos durante os tres primeiros cursos. O cuarto curso dedicase exclusivamente á impartición de ECTS de tipo específico, de forma que os alumnos realizan diferentes itinerarios unha vez adquiriron as competencias comúns mínimas.

Número de créditos ECTS:

  • Primeiro curso: 60 créditos ECTS
  • Segundo curso: 60 créditos ECTS
  • Terceiro curso: 60 créditos ECTS
  • Cuarto curso: 48 créditos ECTS+12 créditos del T.F.G.

1.8. Periodicidade da oferta: Anual

1.9. Número de prazas de novo ingreso ofertadas: 50

1.10. Número mínimo de créditos europeos de matrícula por estudante e período lectivo: 30 (por semestre)

1.11. Normas de permanencia: Aprobouse o proxecto da nova normativa de permanencia no Consello de Goberno do 20 de xullo de 2012. En canto esté informada polo Consello de Universidades y polo Consello Galego de Universidades e aprobada polo Consello Social da Universidad de Vigo, estará dispoñible na página: Consulte aquí

1.12. Información sobre a expedición do Suplemento Europeo ao Título: Consulte aquí; Información sobre Suplemento Europeo ao Título

1.13. Responsable do  título: D. Enrique Valero Gutiérrez del Olmo

1.14. Coordinador/a do título: D. Enrique Valero Gutiérrez del Olmo

1.15. Data da autorización da implantación do título pola Xunta de Galicia. Data de publicación BOE:

1.16. Data última acreditación: O Título está en proceso de acreditación

1.17. Memoria vixente do título: Consulte aquí

1.18. Informe final de avaliación previo á verificación: Consulte aquí
 
1.19. Idiomas nos que se imparte o título: Castelán e galego
 
1.20. Data de autorización do título por parte da Comunidade Autónoma: Consulte aquí

1.21. Data da última acreditación: En Madrid, a 21/06/2010
 
1.22. O título habilita para o exercicio dunha profesión regulada. As leis competentes son: Ley 12/1986 do 1 de abril, B.O.E. nº 79 do 2/4/86, na que se regulan as atribucións profesionais dos Arquitectos e Enxeñeiros Técnicos. Lei 33/1992 que modifica a Lei 12/1986, establecendo plenas atribucións dos Enxeñeiros Técnicos Forestais, entre outros, no ámbito das súas respectivas especialidades para a elaboración de proxectos, estudos e informes. Real Decreto 2220/1992 do 9 de xullo polo que se regulan as facultades e competencias profesionais dos Enxeñeiros Técnicos de Especialidades Forestais. A eliminación do termo "Técnico" no título se corresponde coa propia Directiva 205/36/CE, cuxa aplicación en España supón reestructurar os estudos de enxeñería, suprimindo as titulacións de Enxeñeiro Superior e Enxeñeiro Técnico, para implantar un único título de "Grao en Enxeñería".