Escola de Enxeñaría Forestal

A conservación da biodiversidade será este sábado protagonista no campus

Promovidas pola Sociedade Galega de Historia Natural

Un total de nove conferencias porán o foco este sábado na Escola de Enxeñaría Forestal en diversos aspectos relacionados coa conservación e protección da biodiversidade, desde a polinización ou a recuperación de solos aos plans de conservación de especies ameazadas, no marco das II Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade, que a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) promove coa colaboración da EE Forestal. O director do centro, Juan Picos, o e secretario da SGHN, José Rodrigo, presentaron este xoves na escola o programa da actividade que se desenvolve esta fin de semana no campus e no Teatro Principal e que se enmcarca no convenio de colaboración que a SGHN asinou coa Universidade de Vigo o pasado verán.

20181122

“A SGHN é un referente do ecoloxismo e o activismo ambiental con base científica e, polo tanto, achéganos á escola unha sensibilidade que un enxeñeiro forestal tamén ten que ter”, salientou Picos dunhas xornadas que “complementan os coñecementos do noso alumnado” e que xa celebraron neste centro a súa primeira edición. Esta, lembrou Picos, permitiu onstatar “o interese dunha grande parte do noso alumnado por este tipo de temas”, xa que, lembrou, “a Enxeñaría Forestal ten unha multiplicidade de vertentes na que os aspectos relacionados coa conservación da biodiversidade tamén son parte do día a día”.


Ler a noticia completa no DUVI