Escola de Enxeñaría Forestal

Un novo proxecto da EE Forestal incorpora drones aos traballos para o estudo e conservación do cabalo galego do monte

Esta iniciativa dá continuidade a unha liña de traballo iniciada en 2015 polo grupo AF-4

A través dun proxecto seleccionado pola Fundación Biodiversidad, dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, o grupo de investigación Enxeñaría Agroforestal (AF-4) da Escola de Enxeñaría Forestal iniciou en 2015 unha liña de traballo centrada no estudo e na conservación do cabalo galego de monte, unha raza autóctona de Galicia e unha das poucas especies de cabalos salvaxes que existen actualmente en Europa.

proxecto con drones

Unha liña de traballo que ten como continuidade a fase dúas do proxecto "Estudo e conservación do Cabalo Galego de Monte a través de acordos de custodia do territorio", seleccionado pola Fundación Biodiversidad dentro da súa convocatoria de axudas en réxime de concorrencia competitiva do ano 2017, que o grupo AF-4 desenvolverá xunto co grupo Sepcom, da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, e no que á promoción de acordos de custodia do territorio con comunidades de montes ou administracións co obxectivo de realizar actuacións específicas para a conservación da especie súmase o obxectivo de crear a primeira entidade específica de custodia desta especie, así como o uso de novas tecnoloxías como os drones para estudar novas metodoloxías de inventariado e os efectos desta especie na redución da biomasa forestal.


Ler a noticia completa no DUVI