Escola de Enxeñaría Forestal

24/11/2018 - II Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade

A Escola de Enxeñaría Forestal acolle as II Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade, que a Sociedade Galega de Historia Natural desenvolve os días 24 e 25 de novembro en Pontevedra coa colaboración da Universidade de Vigo. O programa desta primeira xornada, que se desenvolve no salón de actos da EE Forestal, abrangue un total de nove conferencias que abordan a conservación da biodiversidade desde diferentes ámbitos.

Asisten: Juan Picos, director da Escola de Enxeñaría Forestal, e Xosé Lois Rey, delegado da SGHN en Galicia
Organiza: Sociedade Galega de Historia Natural e Escola de Enxeñaría Forestal
Dirixido a: Estudantes, Medios, PAS, PDI e Público externo
Horarios: 24 de novembro de 2018 de 9:30 h a 19:00 h
Lugar: Escola de Enxeñaría Forestal


Programa completo das xornadas