Escola de Enxeñaría Forestal

Selo Internacional de Calidade en Enxeñaría EUR-ACE

selo eur ace

Esta acreditación é outorgada pola axencia European Network for Accreditation of Engineering Education (ENAEE) en colaboración coa Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA). O obxectivo da ENAEE é identificar programas de estudos de enxeñería de alta calidade en Europa e máis aló das súas fronteiras.

O selo EUR-ACE garante que os programas de estudos de enxeñería, profesorado, laboratorios, formación e saídas profesionais cumpren cos estándares de calidade e coa adecuación ás necesidades dos sectores profesionais a nivel europeo estipuladas pola ENAEE.

Coa obtención deste selo, o Grao en Enxeñería Forestal tamén adquire un recoñecemento internacional que facilita a mobilidade académica e profesional e ofrece a garantía de cumprimento dos máis altos estándares europeos e internacionais no ámbito dunha enxeñería.