Escola de Enxeñaría Forestal

Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC)

O RD 1393/2007 de 29 de octubre de 2007 (modificado polo RD 861/2010 de 2 de xullo de 2010), polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, esixe para a verificación e acreditación dun título a incorporación dun sistema de garantía interno para a avaliación, seguimento e mellora da calidade da oferta formativa.

A Escola de Enxeñería Forestal someteuse ao proceso de certificación do deseño do SGIC no ano 2009. Tras a avaliación correspondente, concluíuse o proceso coa emisión dun informe positivo o 27 de xullo do 2009, no cal se poñía de manifesto a adecuación do SGIC seguido polo centro.

Posteriormente, o 16 de xuño de 2016 foi remitida ao centro a certificación da implantación do SGIC, a cal será revisada o 16 de xuño de 2019.


Documentación do SGIC