Os cortalumes verdes, unha liña de defensa fronte aos incendios só se están ben deseñados

Crear cortalumes verdes nos espazos que conectan ás áreas forestais cos núcleos urbanos pode constituír unha liña de defensa fronte aos lumes forestais? Esta é a pregunta á que o enxeñeiro forestal e responsable da empresa MediXXI trata de dar resposta nas dúas conferencias que nestes días imparte nos campus de Pontevedra e Vigo. “Os cortalumes verdes funcionan se se deseñan, se executan e se manteñen adecuadamente, senón son outro parche máis e un gasto innecesario de recursos”, salientou Dalmau no relatorio que este luns impartiu na Escola de Enxeñaría Forestal, que se verá continuado pola conferencia que, este martes ás 13.00 horas, ofrecerá na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do campus vigués, dentro das actividades do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sustentable.

Director de proxectos de MediXXI, unha empresa de enxeñaría ambiental que traballa desde hai 14 anos no deseño e desenvolvemento de cortalumes forestais, Dalmau presenta nesta actividade o proxecto Guardian, financiado por 5,5 millóns de euros pola Comisión Europea, no marco dunha convocatoria de accións urbanísticas innovadoras. Liderado polos municipios valencianos de Riba-roja del Turia e Paterna, este proxecto ten como base a reutilización de augas residuais en masas forestais que poidan servir, precisamente, como barreiras fronte aos lumes.

Ler a noticia completa no DUVI