Matrícula e acceso

Guía do/a estudante

  • Matrícula a tempo parcial 
    • Os requisitos para ter acceso á matricula a tempo parcial veñen establecidos pola RESOLUCIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO do 10 de abril de 2013 pola que se publica a normativa de permanencia e progreso do alumnado das titulacións oficiais de grao e máster universitarios desta universidade. (DOG Núm. 76 19 de abril de 2013), na uwe se dispón:
    • 3.4. A consideración de estudante a tempo parcial deberá ser expresamente solicitada no momento de efectuar a primeira matrícula na Universidade de Vigo e deberá renovarse no momento de cada nova matriculación. A solicitude dirixiráselle ao órgano de dirección do centro de adscrición da titulación, e será considerada polos órganos responsables da organización e desenvolvemento dos estudos, atendendo a circunstancias debidamente xustificadas de carácter laboral, familiar, por atención a persoas dependentes, por actividades deportivas de alto nivel ou por necesidades educativas especiais.
    • 3.5. Unha vez que se inicien os estudos, de se produciren variacións nas circunstancias persoais, poderá solicitarse o cambio de modalidade de réxime no momento dunha nova matriculación. A solicitude tramitarase do xeito descrito no punto anterior”