Traballo Fin de Grao / Trabajo Fin de Grado

O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, dispón no capitulo III artigo 12.3, que os ensinos de grao concluirán «coa elaboración e defensa dun Traballo de Fin de Grao» (TFG en adelante).
 
A Memoria do Título de Grao en Enxeñería Forestal avaliada positivamente pola ANECA, inclúe a elaboración e exposición do referido TFG por parte dos alumnos do derradeiro curso do plano de estudios. A Universidade de Vigo aprobou no Consello de Goberno do 14/11/11 o “Regulamento para a realización do Traballo Fin de Grao (ver Arquivo adxunto)” como marco xeral para o desenvolvemento dos TFG  na mesma. No devandito Regulamento, en atención ás peculiaridades das titulacións de grao que teña adscritas, establece que cada centro establecerá dentro do marco Xeral, a súa propia regulación interna para o desenvolvemento do TFG , con observancia da debida publicidade da norma.
 
O TFG  forma parte como módulo, materia ou disciplina do plan de estudos de todo título oficial de grao. No seu deseño debe preverse que a súa elaboración, avaliación e cualificación teñan lugar dentro do período previsto para realizar os estudos.
O TFG é un traballo persoal que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo titorización docente, e debe permitirlle demostrar de forma integrada a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociados ao título.  En particular, deberá contribuír ao desenvolvemento das seguintes:
a)      Capacidade para desenvolver a metodoloxía dun proxecto e formular un plan de traballo relacionado con un ou varios dos ámbitos de coñecemento presentes no Grao;
b)      Capacidade para executar  o traballo proxectado;
c)       Capacidade para presentar e defender publicamente o TFG.
 
En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera outra titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos parciais previos feitos na actividade doutras materias da titulación.
O feito de que o TFG sexa un labor persoal e individual non exclúe que, para desenvolver unha proposta de envergadura suficiente, poidan participar varios/as estudantes, cada quen cunha parcela precisa da tarefa global; este feito será autorizado pola Comisión Académica previo informe favorable do Coordinador do Módulo do TFG . Neste caso o alumnado implicado nun mesmo traballo compartirá a persoa títora e terá o mesmo tribunal de avaliación, mentres que a presentación e defensa e a avaliación serán individuais para cada unha das partes.
Os TFG realizaranse baixo a supervisión e dirección dunha persoa que exercerá as tarefas de titorización. A titorización consistirá en supervisar e orientar o/a estudante na temática, metodoloxia, elaboración, presentación e calquera outro aspecto académico relativo ao TFG, asi como facilitar a súa xestión, dinamizar e facilitar todo o proceso ata a súa presentación e defensa.
Deberá actuar como persoa titora calquera profesor do Grao en Enxeñería Forestal, así como, excepcionalmente, e coa autorización da Comisión Académica, profesores doutras titulacións da Universidade de Vigo.
O TFG  poderá elaborarse en institucións ou empresas externas á Universidade de Vigo, nos termos que se establezan nos convenios institucionais asinados. Nese caso existirá a figura dunha persoa cotitora pertencente á institución ou empresa. A persoa titora académica compartirá coa persoa cotitora as tarefas de dirección e orientación do/a estudante, e será, en calquera caso, responsabilidade da titora académica facilitar a xestión administrativa da realización e defensa.
Cada estudante ten dereito ao recoñecemento da autoria do TFG elaborado e á protección da súa propiedade intelectual. A titularidade dos dereitos derivados  compartiranse cos títores, cos cotitores, a propia Universidad de Vigo e coas entidades públicas ou privadas ás que pertenzan, nos termos e condicións previstas na lexislación vixente.
Para poder matricularse no TFG  será requisito imprescindible ter matriculadas todas as materias requiridas para finalizar o plan de estudos.
A matrícula do TFG  realizarase nos períodos oficiais de matriculación dos estudos de grao e dá dereito a dúas oportunidades de avaliación nun mesmo curso académico, sempre que se dean as condicións do punto 1 do presente artigo.
A validez da matrícula do TFG será a mesma que a de calquera outra materia e, polo tanto, remata o último día hábil do curso académico.
 
En el siguiente enlace se pueden ver resumenes de los proyectos leidos en convocatoria anteriores. P1, P2, P3, P4, P5, P6. P7, P8, P9, P10, P11, P12, P13, P14, P15, P16, P17, P18, P19, P20, P21, P22, P23, P24
 
Ya esta disponible las propuestas de TFG para el curso 2017-2018.